Asisto esta tarde ao sinceiro acto de lembranza, quince anos despois do pasamento de Marcos Valcárcel, o historiador, periodista, profesor e gran divulgador cultural de Galicia quen da nome ao centro cultural da Deputación de Ourense.
Nado, como eu, en 1958, compañeiro de estudos nos Maristas, un amigo admirado e falecido en 2010.
O acto incluíu a lectura pública por parte dos asistentes de textos de diferentes autores. Eu lin un soneto de Manuel De Dios.
Ademáis o cuarteto Brasas ofreceu unha amena actuación musical evocando a sonoridade de The Shadows.




