Interveño esta mañá no informativo máis madrugador de RadioVoz “Despierta Galicia” no que cada mañá Antía Díaz avanza desde as 7 a actualidade con todas as noticias de Galicia e o resto do mundo.
Un programa que se completa coa análise da actualidade que cada día achegan expertos e xornalistas como Uxío Labarta, Gonzalo Bareño, Rubén Santamarta, Lourenzo Fernández Prieto ou Ernesto Pascual, entre outros, e co comentario sobre a actualidade que achega Xosé Luis Barreiro.
O obxecto da entrevista foi a autoestrada da Atlántico AP-9 e mais en concreto a situación na que se atopa no Congreso a tramitación da PLO de transferencia  da titularidade e as competencias desa autoestrada e sobre as previsións do Goberno central de iniciar a tramitación do rescate da concesión e liberalización da peaxe da devandita autoestrada.
 

