lunes, 4 de agosto de 2025

Medra en xullo o paro rexsistrado en Galicia

Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2025.

Galicia

O mercado laboral galego acaba xuño con 107.858 persoas, medrando o paro rexistrado en relación co mes anterior en 604 persoas, un 0,56 %.

Na comparativa interanual, o paro baixou en 10.187 persoas (-8,63%)

Ourense 

Medra o paro rexistrado en xullo na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 126 persoas, un  0,97 %.

O número de parados queda en 13.090 deles 5.331 son homes e 7.758 mulleres, 12.542 son maiores de 25 anos e 548 menores.

Por sectores, 594 son da agricultura, 1.301 da industria, 776 da construción, 8.999 dos servizos e 1.420 do colectivo sen emprego anterior.