O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu onte os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de abril de 2025.
Galicia
O mercado laboral galego acaba abril con 115.545 persoas, baixando o paro rexistrado en relación co mes anterior en -3.610 persoas, un -3,03 %.
Na comparativa interanual, o paro baixou en 10.789 persoas, un -8,54 %.
Ourense
Baixa o paro rexistrado en abril na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 280 persoas, un - 1,95 %.
O número de parados queda en 14.096 deles 6.2056 son homes e 5.687 mulleres, 13.459 son maiores de 25 anos e 661 menores.
Por sectores, 673 son da agricultura, 1.392 da industria, 873 da construción, 9.688 dos servizos e 1.470 do colectivo sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a abril do ano pasado, 857 persoas sairon en Ourense das listas do paro, o que supón un descenso do desemprego do – 5,73 %.