Esta semana o grupo o Grupo Provincial Socialista fixo unas manifestacións sobre as obras no Centro Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e os incidentes ocorridos. Acusaron á Deputación de desenténdese da problemática, argumentando que non ten competencias na materia e trasladando a responsabilidade á Xunta de Galicia.
Hoxe o grupo provincial do PP difunde una nota de
prensa na que “ rexeita as mentiras do PSOE de Ourense sobre a sanidade
ourensá. Os populares lamentan que os socialistas “carezan de argumentos e
proxectos” e utilicen “para facer propaganda política” un tema de especial
relevancia como é a sanidade”.
Afirman
que “o PP de Ourense reivindica o compromiso da Xunta de Galicia fronte as
afirmacións sen fundamento da oposición, lembrando que o goberno autonómico
leva investidos máis de 80 millóns de euros nos hospitais da área sanitaria:
destes, 52 millóns para a ampliación e a reforma do CHUO e o resto de
investimentos para outros proxectos importantes para a veciñanza como a nova
área de urxencias do hospital de Verín ou a ampliación das áreas hospitalarias
de día e farmacia no Hospital do Barco de Valdeorras.
Outros
dos compromisos adquiridos pola Xunta de Galicia con Ourense son os novos
centros de saúde de Boborás, A Rúa, Muíños, Novoa Santos e Mariñamansa, cunha
inversión conxunta que ascende a 25 millóns de euros.”
Dende
o Grupo Provincial do PP de Ourense “defenden o papel activo da Deputación para
impulsar proxectos sanitarios, fronte ás afirmacións falsas do PSOE. Neste
sentido, cabe lembrar que o goberno provincial tense implicado en proxectos
claves para a área sanitaria, fomentando o diálogo e a cooperación con outras
administracións, en prol da veciñanza, sempre no ámbito das competencias que
lle corresponden á Deputación.
No
caso do Hospital Materno, hai que recordar que a Consellería de Sanidade actuou
rápido e dilixentemente para reubicar os servizos, ofrecéndolle tranquilidade a
pacientes e profesionais, garantizando a asistencia en todo momento.
Partidas da Deputación para
sanidade
Ademais dos compromisos da
Xunta con Ourense, hai que destacar no actual mandato de Luis Menor á fronte da
Deputación de Ourense, destináronse partidas específicas para proxectos de
sanidade. Así, a Deputación destina 186.000 euros ao novo centro de saúde de
Boborás e 130.000 ao novo centro de saúde de a Rúa.
A Deputación tamén cedeu 3.500
metros cadrados de terreo para o novo centro de saúde de Mariñamansa”