miércoles, 20 de mayo de 2026

O Goberno e Renfe forzados por unha intensa demanda social e política recupera hoxe a parada matinal en A Gudiña



Desde o Partido Popular de Ourense celebramos que hoxe tivese lugar a recuperación dunha frecuencia matinal temperá do AVE na estación Porta de Galicia-A Gudiña, o que demostra que a supresión de paradas acordada o 9 de xuño de 2025 foi un “capricho” do ministro Óscar Puente, que privou durante todo este tempo a milleiros de usuarios do ferrocarril neste punto do seu dereito a unha mobilidade con horarios racionais.

A partir de hoxe 20 de maio sairá un tren Alvia desde Lugo ás 5:18 da mañá, con parada na Gudiña ás 7:42 horas. A chegada prevista a Madrid é ás 10:20 horas.

Ao meu xuizo, esta rectificación pon en entredito a decisión do ministro de Transportes adoptada hai un año, pola que se suprimían as frecuencias máis madrugadoras na estación da Gudiña, prexudicando así a milleiros de usuarios das comarcas orientais da provincia -Monterrei, A Limia, Viana, Valdeorras, Trivese Conso-Frieiras-, ademais das zonas portuguesas de Tras-Os-Montes, Chaves e Vila Real-, que tiñan nesta estación un acceso próximo á alta velocidade.

Desde aquela data do 9 de xuño pasado non deixamos de dicir que estabamos ante un maiúsculo desprezo ao interior ourensán, que sufría así as decisións arbitrarias e discriminatorias do Goberno.

Debo poñer en valor o traballo realizado polo Partido Popular de Ourense á hora de esixir unha rectificación por parte do Goberno de Sánchez a unha decisión que “non tiña razón de ser algunha”, impulsando ata unha decena de iniciativas tanto no Congreso como Senado. 

Mesmo o pasado 24 de febreiro, o Goberno de Sánchez reafirmábase en considerar que os usuarios da Gudiña viran "reforzada  a mobilidade diaria cunha cobertura equilibrada ao longo do día, facilitando os desprazamentos cotiás e contribuíndo á cohesión territorial". Unhas manifestacións extraordinariamente ofensivas.

Iniciativas parlamentarias en Madrid e no Parlamento de Galicia, na Deputación, nos concellos e o apoio en dúas manifestacións poñen de relevo que “o traballo político tamén ten o seu peso no cambio de postura fronte a unha decisión totalmente inxusta”.