miércoles, 29 de abril de 2026

Avanzamos no relatorio sobre a Proposición de lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP- a Galicia co obxectivo de ter, antes de que acabe maio. un texto que se poida aprobar no Congreso


Hoxe ao finalizar a sesión plenaria do Congreso, celebramos a porta pechada a reunión do relatorio da Comisión de Transportes e Movilidad Sostenible relativa á Proposición de lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada do Atlántico (AP-9) á Comunidade Autónoma de Galicia.

Nesta reunión, Celso Delgado como relator do Grupo Parlamentario popular tomei a palabra para demandar a necesidade de avanzar na tramitación desta iniciativa lexislativa unánime do Parlamento de Galicia.

Dixen que desde o mes de novembro constan publicadas as 11 emendas que dous grupos parlamentarios presentaron a esta proposición de lei Orgánica,  por unha banda o grupo parlamentario Sumar que presentou 3 emendas e o grupo parlamentario socialista que presentou 8 emendas.

Lembrei como  hai unha semana, en concreto o 22 de abril o  Parlamento de Galicia aprobou unha proposición non de lei do Grupo Parlamentario Popular que foi aprobada por unanimidade dos catro grupos representados nesta Cámara autonómica.

Lin o texto aprobado o: “O Parlamento de Galicia acorda como resolución ratificar o seu apoio ao contido íntegro da proposición de lei orgánica de transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da titularidade e competencias da autopista do Atlántico (AP-9), aprobada por unanimidade nesta Cámara e reivindicación plenamente vixente, e insta á Xunta de Galicia a adoptar cantas medidas sexan necesarias para facer respectar este acordo e garantir unha AP-9 plenamente galega, cunha xestión pegada ao territorio e libre de cargas."

Dixen que por tanto en consecuencia e sendo coherentes o razoable era que tanto Sumar como PSOE retirasen as emendas expostas no Congreso.

Despois de escoitar as posicións dos diferentes grupos políticos, alcanzamos un acordo no sentido de que despois das próximas semanas nas que que non existirá actividade de parlamentaria no Congreso, e en todo caso antes de finais de maio teremos unha nova reunión do relatorio e alí veremos  se é posible avanzar e se existe algunha posición respecto de esta retirada de emendas ou algunha formulación alternativa.

El Congreso intentará tener lista la ponencia del traspaso de la AP-9 para mayo