sábado, 28 de marzo de 2026

Na segunda Interparlamentaria do PP de Ourense baixo o lema “Conectados ao futuro”



A segunda Interparlamentaria do PP de Ourense tuvo lugar hoxe no claustro de San Francisco celebrouse baixo o lema “Conectados ao futuro” e serviu de xornada de traballo e coordinación de actividades, con presenza de representantes das diferentes cámaras: deputados provinciais, autonómicos e nacionais, amén dos senadores.

Ana Méndez, presidenta da xestora local do PP de Ourense, participou nas conclusión dos traballos. Neste peche, a deputada provincial Patricia Torres ofreceu aos asistentes as conclusións do debate “Ourense vivo”. Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia, falou do “Ourense que coida”. A continuación, o senador Manuel Baltar abordou o “Ourense con futuro” e, por último, o deputado nacional Celso Delgado ofreceu conclusión do “Ourense conectado”.