Hoxe o Concello de Ourense recoñeceu a extraordinaria achega realizada polo Liceo á cidade outorgándolle a súa máxima distinción: a Medalla de Ouro.
Foi entregada no salón de plenos por parte do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, a Corporación municipal, con presenza de todos os grupos políticos, e recibida a distinción polo presidente do Liceo, Javier Casares, e a súa xunta directiva.
Asistin logo a continuidade deste acto na sede do Liceo na rúa Lamas Carvajal (Pazo de Oca Valladares) para participar nun acto con representantes de diferentes administracións e entidades e os propios socios do Liceo.
Parabéns!!








