O Servizo
Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro
rexistrado correspondentes ao mes de outubro de 2025.
Galicia
O mercado laboral
galego acaba outubro con 113.386 persoas paradas medrando en relación co mes
anterior en 301 persoas, un 0,27 %. É o nivel de desemprego máis baixo nun mes de
outubro de toda a serie histórica.
Na comparativa
interanual, o paro baixou en 8.828 persoas (-7,22 %) máis dun punto de
vantaxe con respecto á media estatal (-6,08 %).
Na evolución anual o
paro cae en todos os eidos económicos, liderando o descenso a construción
(-12,44%), seguida da industria (-11,41%), do sector primario (-11,13%) e, por
último, dos servizos (-5,75%).
Ourense
Baixa o paro
rexistrado en outubro na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 127
persoas, un -0.97 %.
O número de parados
queda en 13.775 deles 5.712 son homes e 8.063 mulleres, 13.084 son maiores de
25 anos e 691 menores.
Por sectores, 665 son
da agricultura, 1.353 da industria, 782 da construción, 9.506 dos servizos e 1.469
do colectivo sen emprego anterior.
Na comparativa
interanual, o paro baixou en 1.173 persoas (-7,85 %).
