Acudo esta mañá ao cemiterio parroquial de Rouzós (Amoeiro) para visitar a tumba dos meus seres queridos, e como eu, decenas de persoas colocaron flores e elevaron unha oración polo descanso eterno dos seus.
As celebracións de Todos os Santos e dos Fieis Defuntos ofrecénnos aos crentes a oportunidade de mirar con esperanza o misterio da vida eterna e a manter presente a quen partiu, confiando en que xa descansan na presenza de Deus.
