sábado, 25 de octubre de 2025

Fronte común dos deputados do PP de Ourense e Lugo ante a falta de avances do Goberno de Sánchez na rehabilitación do firme “absolutamente deteriorado” da N-540


Hoxe difundimos esta Nota de prensa:

“Os deputados do Partido Popular no Congreso polas provincias de Ourense e Lugo advirten que o Goberno de Sánchez está a poñer en perigo a seguridade viaria na N-540 ante a falta de avances na rehabilitación dun firme “absolutamente deteriorado”, eludindo con informacións “claramente insuficientes” dar unha resposta clara e concreta sobre as obras executadas ata o momento nesta estrada e a data prevista de finalización.

 

Ante esta situación, a representación das provincias de Ourense e Lugo no Congreso -Celso Delgado, Ana Vázquez e Rosa Quintana, e Francisco CondeJaime de Olano e Cristina Abades- puxeron en marcha unha nova iniciativa parlamentaria para requirir ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible que dea unha información detallada do proxecto de rehabilitación desta vía.



 

Preguntan así a data na que se formalizou o contrato das obras para renovar o firme da N-540 na provincia de Lugo, a data de inicio dos traballos, as obras executadas entre Lugo e Chantada, así como as realizadas entre este último concello e o límite coa provincia de Ourense e as levadas a cabo en todo o tramo ourensán, esixindo ao Ministerio unha data para o remate da totalidade das obras nesta estrada, que comunica as capitais de ambas provincias.

 

Esta é a segunda vez no presente ano en que as deputadas e deputados populares solicitan información ao Goberno sobre a rehabilitación da estrada nacional. Tras unha primeira interpelación en marzo, un mes máis tarde o Goberno contestou que “en inverno non se poden realizar obras de firmes polas condiciónsmeteorolóxicas”, engadindo que estes traballos “necesitan unhas condicións de humidade e temperatura determinadas que normalmente só ocorren en período estival; de aí a súa intermitencia”.

 

O deputado ourensán Celso Delgado pon énfase na “total falta de compromiso” do Ministerio “cun proxecto prioritario para mellorar as comunicacións entre Ourense e Lugo”, destacando que esta estrada é, precisamente, a única opción para conectar as dúas capitais logo da “manifesta desidia coa autovía A-56”.


 

Unha resposta “claramente insuficiente para un proxecto que, ademais, “ten unprazo de contrato enormenada menos que 38 meses”, denuncia pola súa banda o deputado lucense Francisco Conde. “O certo é que estamos xa en pleno outono e, coa información dispoñible, o Ministerio deixou pasar o verán sen apenas traballar na N-540”, advirte Conde, especialmente entre Chantada e o límite co provincia de Ourense.

 

Celso Delgado e Francisco Conde coinciden en subliñar que as queixas dos condutores son cada día más numerosas e que a proximidade do inverno “fai saltar todas as alarmas.