Asisto esta mañá ao Foro "La Región" que celebrou unha xornada de debate sobre o futuro do Campus de Ourense na Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio de Ferro. 
O encontro titulado “"Campus Auga: innovación, sustentabilidade e coñecemento ao servizo do territorio" puxo  en valor a recente acreditación do Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia, destacando o seu papel estratéxico na xeración de coñecemento, a innovación e o desenvolvemento sostible do territorio.
A xornada foi inaugurada polo conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa.
Tiven ocasión de asistir á primeira das mesas de debate: “O valor do coñecemento: investigación e transferencia desde o Campus Auga”, analiza como a investigación se aplica ao tecido produtivo, coa intervención de Roberto Ignacio Fernández, José Alberto Díez e Enma González.
 


