Hoxe a práctica totalidade dos medios de comunicación galegos fanse eco da
nova coñecida onte de que a Comisión Europea decidiu emitir un ditame motivado
no que solicita a España que respecte as normas da UE en materia de
contratación pública, en particular con respecto aos contratos de concesión.
En concreto afirma que "España ampliou a
duración das concesións das autoestradas AP-9 e AP-66 a vinte e cinco e vinte e
nove anos, respectivamente, e máis adiante vendeu as dúas empresas
concesionarias sen iniciar procedementos de licitación previos nin publicar un
anuncio a escala da UE"
Esto implica que
o goberno dispón agora de dous meses para respostar e adoptar as medidas
necesarias. De no facelo, a Comisión podería optar por levar a este Estado
membro ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea.
Certamente esta
decisión era una posibilidade real que se agardaba desde hai tempo e por iso
houbo actuacións políticas previas ao respecto.
Lembro agora o
debate dunda moción que tivo lugar no Pleno do Congreso o pasado 11 de xuño de
2024 e que foi votada o 13 de xuño de 2024 sobre a base dunha emenda transaccional entre o BNG
(GPMixto) e o GPP:
O texto literal pactado entre PP e BNG
dicía:
“O Congreso insta o Goberno do Estado a que,
en coherencia co procedemento aberto pola Comisión Europea, inicie os trámites
para:
- A anulación
da prórroga de 25 anos outorgada á concesionaria da AP- 9
- A asunción da
xestión directa da autoestrada e a supresión das peaxes
- O impulso da
transferencia da AP- 9 a Galicia
Ademais, o Congreso insta o Goberno do
Estado para encargar un estudo no que se exploren as vías xurídicas para a
anulación da prórroga e avalíense os custos económicos que tería para o Estado
a asunción da xestión directa da AP9”
Saiu aprobado este texto por 181 votos: PP,
BNG,Sumar, Podemos, ERC, Bildu, CC, e UPN. Votaron en
contra: 32 (VOX) e abstivéronse 132: PSOE, Junts e
PNV.
O
posicionamento do Partido Popular foi
claro instando ao Goberno de España a iniciar os trámites para a anulación da citada prórroga outorgada á concesionaria da AP-9 e se foi aprobada, debeuse á maioría
parlamentaria do Grupo Parlamentario
Popular e a pesar da abstención do PSOE.
Por todo o anteriormente dito, a
decisión da Comisión Europea de emitir un ditame motivado é unha excelente oportunidade para que o Goberno
central actúe, sexa valente e responsable e rescate a concesión da Autoestrada
do Atlántico.