domingo, 22 de junio de 2025

Na solemne celebración do Corpus Christi en Ourense


Hoxe domingo celebramos en Ourense a súa festa máis importante, a solemnidade de Corpus Christi.

A celebración relixiosa comezou ás dez da mañá coa santa misa na Iglesia Catedral de San Martiño. Ao finalizar comezou a procesión acompañando a carroza coa Custodia polas rúas da cidade. O percorrido arrincou pola rúa Lepanto cara a Santo Domingo, chegando ata o parque de San Lázaro e regresando de novo cara á praza de San Martiño. Alí, como é costume, impartiuse unha bendición a todos os participantes coa que concluíu a celebración. Na procesión desfilaron estandartes de distintas parroquias e congregacións, poñendo a nota musical a banda militar da Brilat.