O Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE) difundiu hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de agosto de 2026.
Galicia
O mercado laboral galego acaba o mes de agosto con 109.691 persoas paradas medrando en relación co mes anterior en 2.369 persoas (2,21 %). Estamos ante o nivel de desemprego máis baixo de toda a seria histórica para un mes de agosto (desde 1996), xa acadado hai un ano
Na comparativa interanual, o paro sorprendentemente coincide coa mesma cifra do mes de agosto de 2025.
Por sectores, 2.289 son da agricultura, 10.083 da industria, 6.390 da construción, 978.216 dos servizos e 12.113 do colectivo sen emprego anterior.
Ourense
Medra o paro rexistrado en agosto na provincia de Ourense en relación co mes anterior en 43 persoas, un 0,32 %.
O número de parados queda en 13.358 deles 5.254 son homes e 8.104 mulleres, 12.678 son maiores de 25 anos e 680 menores.
Por sectores, 513 son da agricultura, 1.300 da industria, 728 da construción, 9.033 dos servizos e 1.784 do colectivo sen emprego anterior.
Na comparativa interanual, o paro medrou en 13 persoas (0,10 %).
