Hoxe, na Comisión de
Transportes e Mobilidade Sostible
O PPdeG logra esixir a Sánchez unha mesa técnica con participación do Goberno galego para avanzar na migración da rede ferroviaria ao ancho europeo
● Celso Delgado alerta de “preocupación” en Galicia pola falta de avances do Executivo central e ve “prioritario” actuar no tramo Santiago-Ourense
● “É un absoluto desacerto técnico e político despachar unha decisión deste calado baixo unha premisa macroeconómica de ‘todo ou nada”, subliña
●
A Proposición Non de Lei do Grupo Popular reclama o acceso
ao informe de viabilidade do cambio de ancho de vía que o Goberno enviou a
Europa
Madrid, 29 de setembro de 2026. O deputado do PPdeG Celso Delgado logra sacar adiante no Congreso unha proposición non de lei relativa á migración da rede ferroviaria galega ao ancho estándar europeo. A aprobación da proposta do Grupo Popular (18 a favor (PP , BNG y VOX), 3 en contra (Sumar) y 14 abstenciones PSOE, ERC y JUNTS), inclúe a creación dunha mesa técnica con participación do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible e o Goberno galego, o que permitirá que se analice a migración e se garanta a interoperabilidade europea. “Que un territorio teña dous anchos de vía e non se tomen medidas para corrixir esta situación, limita a súa competitividade”, subliña Delgado, que valora positivamente a luz verde dada á iniciativa popular, agardando que o Goberno central “cumpra” co acordado hoxe e non faga “caso omiso” como noutras ocasións.
Así o
defendeu esta mañá no Congreso Celso Delgado, que celebra que se teña en conta,
por fin, a Galicia, despois do “malestar e preocupación” xerados na Comunidade
Autónoma ao coñecerse que o Executivo de Sánchez descartaba, de forma xenérica,
a migración das vías convencionais do Corredor Atlántico ao estándar europeo. Neste
sentido, os populares comparten co Goberno de Alfonso Rueda que esta postura do
Goberno central “é un absoluto desacerto técnico e político”, rexeitando
“despachar” unha decisión de tal calado baixo unha premisa macroeconómica de
“todo ou nada”.
Para os populares, un asunto desta importancia esixe “rigor, análise en detalle liña por liña e comunidade por comunidade”.
No caso
galego, lembran dende o PPdeG, completar o ancho estándar en toda a rede de
Alta Velocidade requiriría actuar sobre un extremo da infraestrutura, 250
quilómetros de vía para conectar Ourense
co resto de cidades do Eixo Atlántico. Neste punto, Delgado esixe que se
priorice a substitución do ancho ibérico no tramo Santiago-Ourense –que xa
conta con travesas polivalentes- para o
seu posterior posible extensión ao Eixo Atlántico, garantindo a
interoperabilidade europea.
UN INFORME ENVIADO Á UNIÓN EUROPEA
O pasado 17 de xullo de 2026, coñeceuse a través dos medios de comunicación que o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible (MITMS) descartaba adaptar as vías convencionais ao ancho estándar europeo. Ademais, o Grupo Popular tivo constancia dun informe do Executivo central remitido á Unión Europea que desvelaba que cambiar os 13.000 quilómetros de vías convencionais supoñería un investimento de entre 20.000 e 30.000 millóns de euros, o que obrigaría a convivir durante uns trinta anos con obras permanentes e provocaría unha rendibilidade económica practicamente nula.
Ademais, para o PPdeG, o Goberno de Sánchez “priva aos cidadáns galegos de desfrutar as vantaxes loxísticas e comerciais doutros territorios: máis operadores, máis frecuencias, servizos de baixo custo e tarifas competitivas.
Para os populares, de confirmarse a decisión do Ministerio, “suporía un severo revés para Galicia”, xa que manter o ancho ibérico obriga a depender de trens de ancho variable, un mercado restritivo dominado por dous fabricantes; así como perpetuar o Intercambiador de Taboadela, que a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) sinala como “limitante á competitividade” e describe explicitamente como "barreira técnica".
Por outra banda, Delgado ve “moi lamentable que Ministerio continúe adoptando resolucións ferroviarias de costas a Galicia e sen diálogo”, así como que non se conte cos axentes económicos e sociais, a pesar de que o informe aborda decisións estratéxicas que condicionarán o futuro da competitividade empresarial durante as próximas décadas.
CRONOGRAMA DO CORREDOR ATLÁNTICO
Os populares tamén urxen que o Executivo central facilite ao Goberno galego e ao Congreso o Plan director completo do Corredor atlántico, que inclúa compromisos concretos, cifras detalladas de investimento e un cronograma para a execución das obras, alertando da “preocupación” en Galicia pola falta de avances do Executivo. Ademais, esixe “acceso completo e inmediato” ao informe de viabilidade de cambio de ancho de vía remitido á Comisión Europea.
Por outra banda, o deputado popular lembra ao Goberno de Sánchez que a migración ao ancho de vía normal estándar europeo -de 1.435 mm- é unha obrigación do Regulamento (UE) 2024/1679 do Parlamento Europeo e do Consello, que fai fincapé no obxectivo de que os grandes corredores comunitarios avancen cara á interoperabilidade plena.
FALTA DE COMPROMISO CON GALICIA
Dende o PPdeG insisten en que esta falta de información sobre este documento e sobre o propio informe de migración do ancho de vía, do mesmo xeito que a falta de interlocutor directo con Renfe e Adif sobre as constantes incidencias ferroviarias na comunidade, demostran “a ausencia de transparencia do Ministerio e a falta de compromiso coa Comunidade”.
“O Goberno galego leva meses pedindo información detallada e recibindo evasivas”, conclúe o deputado popular, lembrando que Galicia segue sen dispoñer dun documento definitivo coas actuacións, investimentos e calendarios previstos, “tan só coñecemos un power point”.
Por todo
isto, o deputado popular instou hoxe ao Goberno de Sánchez a facilitar, de
forma inmediata ao Goberno galego o informe completo que remitiu en xullo de
2026 á Unión Europea, así como facilitar ao Goberno galego e ao Congreso dos
Deputados o Plan director completo do Corredor atlántico.
.jpg)

