Sen dúbida o descenso dos nacementos en Galicía é un problema de enorme importancia. e moi especialmente en Ourense.
Os últimos datos do INE relativos ao movemento natural da poboación no primeiro trimestre de 2026 o acreditan, tal e como os procesou o IGE
Nacementos
O 78,32% destes nacementos contabilizáronse nas provincias
occidentais (o 43,36% na provincia da Coruña e o 34,96% na provincia de
Pontevedra) e o 21,68% nas provincias de Lugo (o 12,70%) e Ourense (o 8,98%).
Con respecto ao mesmo trimestre do ano anterior, os
nacementos creceron en Lugo (un 2,08%) e Pontevedra (un 1,41%), mentres que
diminuíron na Coruña (un 4,29%) e Ourense (un 10,65%).
Os datos segundo idade da nai reflicten que o maior número de nacementos se rexistrou no grupo de idades de 30 a 39 anos (en conxunto o 62,54% do total de nacementos). Cómpre salientar o número de nacementos de nais de maior idade, que no caso de nais de 40 a 44 anos representou o 13,25% e nas de máis de 45 anos o 2,20%.
Defuncións
As defuncións de persoas residentes en Galicia aumentaron un
0,32% no primeiro trimestre de 2026 con respecto ao primeiro trimestre de 2025.
Encadéanse así tres trimestres con taxa interanual positiva.
Este aumento debeuse ao incremento das defuncións entre as
mulleres, con 79 falecementos máis, mentres que entre os homes se rexistrou
unha diminución de 50 defuncións.
A evolución interanual do número de defuncións foi desigual
por provincias: aumentou en Lugo (2,91%) e Pontevedra (3,29%) e diminuíu na
Coruña (1,71%) e en Ourense (2,79%).
No primeiro trimestre de 2026, máis da metade (o 56,06%) das
defuncións de residentes en Galicia foi de persoas de 85 ou máis anos. O
segundo grupo de idades que concentra as defuncións é o de 65 a 84 anos, co
34,57% das defuncións nese trimestre.
A maior presenza feminina nas idades avanzadas provoca que,
no caso de persoas de 85 ou máis anos, máis do 60% das defuncións sexan de
mulleres. En cambio, por debaixo dos 85 anos predominan as de homes.
Matrimonios
Tras cinco trimestres consecutivos con taxas interanuais
positivas, no primeiro trimestre de 2026 rexistráronse un 5,44% menos de
matrimonios de persoas con residencia prevista en Galicia, 1.409 matrimonios en
2026 fronte a 1.490 en 2025. Aínda así, esa é a segunda cifra máis alta nun
primeiro trimestre desde o ano 2000.
Por tipo de matrimonio, diminuíron os matrimonios nos que os
contraíntes eran persoas de diferente sexo (102 menos) e aumentaron os
celebrados entre persoas do mesmo sexo (21 máis).

